Sistema de xestión de contidos de código aberto construído con PHP baixo unha licenza GPL, que se usa para publicar en Internet e intranets utilizando unha base de datos MySQL.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Inclúense características como: facer caché de páxinas para mellorar o rendemento, indexación web, sindicación RSS, versións imprimibles de páxinas, flash con noticias, blogs, foros, enquisas, calendarios, busca no sitio web, e internacionalización da linguaxe. Pola cantidade de extensións que existen para Joomla é actualmente un dos sistemas de xestión de contidos máis usado.
Ver tamén:
código aberto; Drupal; front end/back end; Internet; intranet; MySQL; PHP Hypertext-Preprocesor; sistema de xestión de contido; Typo3;