Revista americana especializada na publicación de información técnica relativa a sistemas telefónicos, Internet e computadoras.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Sinónimos:
alt.2600 (coloquial)
Exemplo:
A revista "2600: The Hacker Quarterly" publica cursos de ética da programación.Información complementaria:
É unha fonte habitual de información sobre como acceder aos sistemas telefónicos ou como saltarse proteccións en sistemas informáticos (por exemplo DVD). O nome da revista vén de cando se descubriu que se podía acceder á supervisión dalgunhas centrais telefónicas cun ton de 2600 Hz, o cal se conseguía facilmente cun asubío que daquela se regalaba en caixas de cereais.