Espazo de cor utilizado no sistema de televisión NTSC formado por un compoñente de luminosidade Y (utilizado para compatibilizar coas televisións en branco e negro anteriores) e dous compoñentes de crominancia.
Categoría Gramatical:
abreviación, abreviatura, acrónimo, sigla (PVC)
Exemplo:
O sistema NTSC americano utiliza o espazo YIQ.Información complementaria:
En YIQ, o compoñente I (de "in-phase") é o compoñente en fase e ten sensibilidade no rango das cores laranxa/azul. O compoñente Q é o compoñente en cuadratura e ten sensibilidade no rango violeta/verde. A denominación "In-phase/Quadratura" refírese a que son os compoñentes da modulación QAM utilizada no NTSC.
Ver tamén:
Cyan, Magenta Yellow and Key; espazo de cor; modulación de amplitude en cuadratura; National Television System Committee; Phase Aalternating Line; YUV