Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

migración de datos

Traspaso de información entre bases de datos.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
Se se ten unha aplicación sobre unha base de datos e posteriormente medra de xeito que fai falta un sistema xestor de bases de datos potente, o máis seguro é que haxa que decantarse por sistema xestor de bases de datos como Oracle, DB2, Informix, SQLServer ou similares. Neste caso, os datos deberán transformarse de formato. A migración dos datos consiste en converter os datos desde un sistema de base de datos a outro. Esta migración acarrexa a creación de táboas ou modificación das existentes, cambios nalgúns tipos de datos que existen nunha base de datos pero non noutras, etc. Especialmente delicados son os campos data, os numéricos (enteiros, reais, etc), os memo; ou campos de extensión superior a 256 caracteres, campos para imaxes, etc, xa que cada sistema xestor de bases de datos os trata de xeito diferente. Actualmente a maioría dos sistemas xestores de bases de datos inclúen ferramentas de axuda á migración máis ou menos fiables.
Ver tamén: 
base de datos
Traducions
Tradución castelán: 
migración de datos
Tradución francés: 
migration
Tradución italiano: 
migrazione
Tradución inglés: 
data migration
Tradución alemán: 
Migration