Marca creada co obxectivo de normalizar as comunicacións de datos sobre ondas de radio, abarcando a forma de implementar IEEE 802.11 empregando tecnoloxía sen cables.
Categoría Gramatical:
abreviación, abreviatura, acrónimo, sigla (PVC)
Información complementaria:
Wi-Fi é unha marca da Wi-Fi Alliance (anteriormente a WECA: Wireless Ethernet Compatibility Alliance), a organización comercial que adopta, proba e certifica que os equipos cumpren os estándares 802.11. Creado en 2003 pola Asociación de fabricantes de soporte físico para substituír o equivalente ás capas físicas e MAC da norma 802.3 (Ethernet).