Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

sistema operativo

Conxunto de programas que realizan as tarefas de xestionar os recursos do soporte físico e realizar as tarefas de interface entre o hardware do equipo informático e o usuario: xestión de memoria, espazo en disco, encargado de controlar e dirixir o computador e de traducir as instrucións a unha linguaxe que o soporte físico poida comprender, etc. E o responsable da xestión e da coordinación das actividades e da correcta compartición dos recursos do sistema informático.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
SO
Exemplo: 
Exemplos de sistemas operativos son: Windows, Mac OS, Linux....
Información complementaria: 
Os sistemas operativos ofrecen un conxunto de funcións (servizos do sistema) que logo utilizan as aplicacións para poder acceder ao soporte físico: ler as entradas do rato, escribir en disco ...
Traducions
Tradución portugués: 
sistema operativo; SO
Tradución castelán: 
sistema operativo; SO
Tradución francés: 
système d'exploitation
Tradución italiano: 
sistema operativo; SO
Tradución inglés: 
Operating System; OS
Tradución alemán: 
Betriebssystem