Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

protocolo X10

Estándar de transmisión a través da rede de alimentación eléctrica doméstica (220V) que permite conectar dispositivos para serer administrados mediante equipos compatibles con esta tecnoloxía.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
estándar X-10; X-10
Exemplo: 
O protocolo X10 foi o primeiro protocolo que se inventou.
Información complementaria: 
O protocolo está formado de tal modo que o sinal portador é captado por calquera módulo receptor conectado á liña de alimentación eléctrica traducíndose nun evento ON, Off, DIM. O sistema X10 utiliza o sinal sinusoidal de 50 HZ da vivenda para que transporte os sinais X10. A técnica denomínase de correntes portadoras. Non é o único sistema domótico o que utiliza esta técnica. O protocolo de modulación X10 esixe unhas normas que seguen todos os fabricantes de produtos X-10 para lograr unha correcta estandarización, deste xeito, todos os produtos dos distintos fabricantes son compatibles e intercambiables. Entre os fabricantes máis coñecidos podemos citar: Leviton Manufacturing Co., General Electric, C&K Systems, Honeywell, Busch Jaeger, Ademco, DSC, IBM, etc.
Traducions
Tradución castelán: 
Protocolo X-10
Tradución italiano: 
X10
Tradución inglés: 
Standard X-10
Tradución alemán: 
X10