Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

medio de transmisión domótico

Medio físico que soporta a transmisión dos sinais nunha instalación domótica.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
medio de transmisión en domótica; soporte de transmisión en domótica; vía de transmisión en domótica
Exemplo: 
Os medios de transmisión en domótica son variados, hainos con fíos e sen fíos.
Información complementaria: 
Poden clasificarse dentro dos seguintes grupos: correntes portadoras, fío de pares, fío coaxial, fibra óptica, radiofrecuencia e ondas infravermellas. Un sistema domótico pode combinar varios dos sistemas anteriores e debe cumprir os requisitos aplicables a cada parte do sistema. A ITC-BT-51 do REBT clasifica os sistemas de climatización, xestión técnica da enerxía e seguridade en tres grupos: sistemas que usan no seu conxunto ou en parte sinais que se axustan e que se transmiten pola instalación eléctrica de baixa tensión, sistemas que usan no seu conxunto ou en parte sinais transmitidos polos cables específicos para a devandita función, sistemas que usan sinais radiados (IR, RF, ultrasóns) ou sistemas que se conectan á rede de telecomunicacións.
Traducions
Tradución castelán: 
medios de transmisión en domótica
Tradución inglés: 
Means of transmission in domotics