Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

Completely Automated Public Turing test to tell Computers and Humans Apart

'Test de Turing público completamente automatizado para diferenciación entre computadoras e humanos', sistema ideado para protexer as páxinas web contra os robots de rexistro automático que mostra un texto deformado ou imaxe de xeito que só un ser humano o poderá identificar e transcribir.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
captcha
Abreviatura: 
CAPTCHA
Exemplo: 
Tes que protexer as descargas da túa web contra ataques en Internet, poderías empregar un CAPTCHA.
Información complementaria: 
O usuario ten que teclear o texto deformado nunha fiestra ao efecto e así demostra que é un ser humano e non un programa facéndose pasar por unha persoa. Este sistema estase a popularizar rapidamente, e xa o usan os principais servizos de correo electrónico gratuítos, como Hotmail, Yahoo, etc. O caso máis cotián é aquel no que para cubrir un formulario temos a obriga de encher un campo de texto coas letras que aparecen nunha imaxe xerada de xeito automático. Así, o webmaster asegúrase de que o acceso á web é de xeito manual, non a través dun programa específico. Evítanse, deste xeito, consultas automatizadas ou accesos repetitivos a determinadas zonas da web
Traducions
Tradución portugués: 
Completely Automated Public Turing test to tell Computers and Humans Apart; CAPTCHA
Tradución castelán: 
Completely Automated Public Turing test to tell Computers and Humans Apart; CAPTCHA
Tradución francés: 
Completely Automated Public Turing test to tell Computers and Humans Apart; CAPTCHA
Tradución italiano: 
Completely Automated Public Turing test to tell Computers and Humans Apart; CAPTCHA
Tradución inglés: 
Completely Automated Public Turing test to tell Computers and Humans Apart; CAPTCHA
Tradución alemán: 
Completely Automated Public Turing test to tell Computers and Humans Apart; CAPTCHA