Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

conduto

Capa da atmosfera na que, debido a unha capa de inversión, as ondas electromagnéticas se curvan nos seus límites, confinando a radiación, guiando o sinal e alcanzando distancias moi superiores ás previstas de existir esta capa.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
N/A
Abreviatura: 
N/A
Exemplo: 
Os espellismos prodúcense pola existencia de condutos.
Información complementaria: 
As ondas nunha capa cun índice refractivo maior tenden a permanecer nesa capa debido á reflexión e refracción atopadas nos límites coas capas cun índice refractivo menor. Nos condutos, a densidade ten un gradiente tan acusado que as ondas son guiadas ao longo da curvatura da Terra a unha altitude constante e, así, o conduto actúa como unha guía-onda dieléctrica na dimensión horizontal.
Ver tamén: 
capa ionosférica D; capa ionosférica E; capa ionosférica Es; capa ionosférica F; capa de inversión; ionosfera
Traducions
Tradución castelán: 
conducto
Tradución inglés: 
duct; atmospheric duct