Sistema de radio capaz de adquirir coñecemento sobre o espectro ao que ten acceso porque determina que canles e que servizos se están a usar e a intensidade dos padróns de utilización para evitar solapamentos e interferencias.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Dispositivo que é capaz de determinar se se está a transmitir nunha zona do espectro e que tipo de codificacións e protocolos se están a empregar. Os sistemas de radio cognitiva son especialmente útiles en zonas do espectro de uso libre onde non se pode predicir como se está utilizando o espectro.