Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

dipolo de media onda

Antena dipolo de lonxitude igual á metade da lonxitude de onda de traballo, onde a corrente segue unha distribución sinusoidal, formando unha onda estacionaria cun nodo da onda localizado nun dos extremos do dipolo e o antinodo no outro extremo.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo: 
As curvas utilizadas para calcular coberturas veñen calculadas para un dipolo de media onda no papel de antena emisora.
Información complementaria: 
O diagrama de radiación configúrase como un toroide lixeiramente achatado de sección circular con valor de radio interno nulo. A súa ganancia con respecto ao radiador isotrópico ten un valor de 2.15 dBi. Aínda que non é unha antena que se use na práctica é un exemplo que aparece en moitos libros de texto e considérase a antena de referencia de radiodifusión. O dipolo de media onda ten unha ganancia de 2.17 dB. Moitas veces a ganancia das antenas exprésase referenciada a esta (G(respecto dipolo) = G-2.17).
Ver tamén: 
antena; dipolo; ganancia; lambda
Traducions
Tradución castelán: 
dipolo de media onda; dipolo en lambda medios
Tradución francés: 
dipôle à demi onde
Tradución inglés: 
halfwave dipole; half-wave antenna
Tradución alemán: 
λ/2-Dipolantennen