Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

onda longa

En radiocomunicacións, onda de radio no intervalo 148,5-283,5 kHz, pertencente á banda LF.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
Emprégase na Rexión ITU 1 para a difusión AM, con valores de frecuencias portadoras que son múltiplos exactos de 9 kHz, con valores entre os 153 e 279 kHz, excepto en dúas estacións de Alemaña que operan en 177 e 183 kHz. Algunhas estacións derivan as súas portadoras de reloxos atómicos, posibilitando o seu uso como estándares de frecuencia. O alcance acadado nesta banda é mundial ao se producir a propagación por onda de superficie e refracción ionosférica. Fóra da Rexión 1 (Europa, África, Oriente Medio, Golfo Pérsico, Iraq, Rusia e Mongolia) non existe radiodifusión na banda de onda longa, dedicándose esta a servizos de asistencia á navegación, sistemas de comunicación navais, etc.
Ver tamén: 
espectro electromagnético; onda curta; onda media
Traducions
Tradución castelán: 
onda larga
Tradución francés: 
onde longue
Tradución inglés: 
long wave