Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

noiro dixital

Salto brusco que se produce nas transmisións dixitais cando o nivel de relación de sinal/ruído vai empeorando.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo: 
Na cobertura de televisión dixital en Galicia, a complicada orografía fai que en moitos sitios o nivel de sinal quede por baixo do noiro dixital, polo que case nunca se conseguen ver as canles dixitais de televisión.
Información complementaria: 
Mentres o descodificador é capaz de recoller o sinal útil, a calidade da imaxe (ou do audio) recibida é perfecta, pero no momento no que o descodificador non alcanza, déixase de recibir o sinal. Este efecto non ocorre cos sinais analóxicos, nos que a calidade da imaxe (ou audio) recibido se vai degradando segundo a relación sinal/ruído vai empeorando sen que haxa ese salto todo-nada que se produce nas transmisións dixitais.
Ver tamén: 
relación sinal/ruído
Traducions
Tradución inglés: 
digital slope