Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

ordenador vestible

Ordenador de pequeno tamaño e peso e gran facilidade de uso que se pode levar posto no corpo.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
O proxecto Wearable Cinema/Wearable City equípanos con "ordenadores vestibles" para unha experiencia comparable a mirar unha película desde dentro do plató, sumerxéndote nunha cidade de información cuxos edificios están construídos con palabras, fotos e bits vivos. (http://www.lafh.info/staticViewPage.php?cat_ID=226&idioma=ES)
Información complementaria: 
Este tipo de computadoras adoita ter unha interacción constante co usuario que o emprega e é controlado pola voz en moitos casos, aínda que o usuario non teña consciencia disto todo o tempo. Os ordenadores vestibles utilízanse en sistemas de modelaxe do comportamento (para analizar as reaccións das persoas ante estímulos externos), en sistemas de monitorización da saúde, en tecnoloxías da información e en sistemas de realidade aumentada.
Traducions
Tradución portugués: 
computador portável
Tradución castelán: 
ordenador vestible
Tradución francés: 
ordinateur corporel; ordinateur vestimentaire
Tradución italiano: 
computer da indossare
Tradución inglés: 
wearable Computer; wearable computer
Tradución alemán: 
wearable Computer