Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

patente

Conxunto de dereitos exclusivos garantidos por un goberno ou autoridade ao inventor dun novo produto (material ou inmaterial) susceptible de ser explotado industrialmente para o ben do solicitante da devandita invención (como representante por exemplo) durante un espazo limitado de tempo (xeralmente vinte anos desde a data de solicitude).

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Sinónimos: 
NA
Abreviatura: 
NA
Exemplo: 
NA
Información complementaria: 
Unha das finalidades da lexislación sobre as patentes é a de inducir o inventor a revelar os seus coñecementos para o avance da sociedade a cambio da exclusividade na explotación durante un período limitado de tempo. Esta exclusividade, ou poder cobrar regalías a aqueles que queiran usar, fabricar ou vender o invento é a maneira de compensar o inventor por dar a coñecer o seu invento, procedemento ou método. As patentes deberían servir para unha difusión efectiva e rápida das novas ideas en tecnoloxía, mellorando o acceso á tecnoloxía. Moi ao contrario do que no imaxinario popular se relaciona coa palabra "patente", a información contida nas patentes é de natureza pública, en principio calquera pode acceder a esa información, aínda que só o titular a pode usar con fins comerciais. As regalías tiveron toda a súa razón de ser na Revolución Industrial, pois facilitaron que o dar a coñecer os novos sistemas fose rendible para os seus inventores. Antes das regalías, o inventor intentaría manter oculto o seu invento pois só así tería a vantaxe competitiva que o seu invento lle daba. En calquera caso, dalo a coñecer non lle supoñía nada economicamente. Actualmente a situación é diferente. Os tempos de explotación pensados para o século XVIII non teñen sentido no XXI. Os tempos de difusión con Internet tampouco teñen nada que ver, e o tipo de inventos en moitos casos teñen máis de descubrimentos (dá conta deles o que primeiro chega) ca de verdadeiros inventos, polo que moitos outros chegarían á mesma conclusión, só que máis tarde. Nestes casos a patente non se fai por dar a coñecer o invento, senón por buscar os beneficios que pode supoñer que tal descubrimento estea patentado.
Ver tamén: 
regalía
Traducions
Tradución portugués: 
patente
Tradución castelán: 
patente
Tradución francés: 
brevet
Tradución italiano: 
brevetto
Tradución inglés: 
patent
Tradución alemán: 
Patent