Satélite deseñado para que o seu propósito fundamental sexa o de actuar como repetidor de sistemas de comunicacións.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo:
Existen satélites de comunicacións que permiten crear sistemas de telefonía de cobertura mundial.Información complementaria:
A maioría dos satélites de comunicacións son xeoestacionarios aínda que tamén existen algúns de baixa altura. A maior parte das veces o satélite actúa como un simple repetidor recibindo un sinal e enviándoo de novo. A vantaxe dos sistemas por satélite é a de ter coberturas moi grandes de ata 1/3 da superficie terrestre.
Ver tamén:
satélite artificial; satélite de baixa altura; satélite xeoestacionario