Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

banda C

Porción do espectro electromagnético comprendida no intervalo 4-8 GHz, segundo o estándar IEEE, e no intervalo dos 500 aos 1000 MHz segundo a OTAN, usada para os sistemas de comunicación sen fíos do estándar IEEE 802.11 e sobre todo comunicacións satélitais comerciais, onde, con lixeiras variacións, se utiliza o intervalo 3,7-4,2 GHz para o enlace descendente e o 5,9-6,4 GHz para o ascendente.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
Foi a primeira banda de frecuencia empregada para comunicación satélite comercial.
Ver tamén: 
espectro electromagnético; radiofrecuencia; banda de frecuencia
Traducions
Tradución castelán: 
banda C
Tradución francés: 
bande C
Tradución inglés: 
C band