Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

Dreamweaver

'Tecedor de soños', aplicación propietaria para a construción e edición de sitios e aplicacións Web.

Categoría Gramatical: 
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria: 
Creado inicialmente por Macromedia e actualmente comercializado por Adobe Systems como parte do Adobe Creative Suite é o programa deste tipo máis utilizado no sector do deseño e da programación web. Ten soporte para edición de imaxes e intégrase moi ben con outras aplicacións como Adobe Flash. Recentemente modificou o código das páxinas que xera de modo que este cumpra os estándares do World Wide Web Consortium. Poden funcionar con diversas tecnoloxías web como CSS, JavaScript e algúns Framework. Tivo un grande éxito desde finais dos 90 e actualmente mantén o 90% do mercado de editores HTML. Esta aplicación está dispoñible tanto para a platafoma MAC como para Windows, aínda que tamén se pode executar en plataformas baseadas en UNIX utilizando programas que implementan as API's de Windows, tipo Wine. Incorpora ferramentas de creación de contido dinámico, permite a conexión a Bases de Datos como MySQL e Microsoft Access, para filtrar e mostrar o contido utilizando tecnoloxía de script como, por exemplo, ASP (Active Server Pages), ASP.NET, ColdFusion, JSP (JavaServer Pages), PHP sen necesidade de ter experiencia previa en programación. Permite o uso de "Extensións", isto son pequenos programas que calquera desenvolvedor web pode escribir (normalmente en HTML e Javascript) e que calquera pode descargar e instalar, ofrecendo así funcionalidades engadidas á aplicación. Dreamweaver goza do apoio dunha gran comunidade de desenvolvedores de extensións que fan posible a dispoñibilidade de extensións gratuítas e de pago para a maioría das tarefas de desenvolvemento web, que van desde simple efectos rollover ata completas cartas de compra.
Ver tamén: 
Kompozer
Traducions
Tradución portugués: 
Dreamweaver
Tradución castelán: 
Dreamweaver
Tradución francés: 
Dreamweaver
Tradución italiano: 
Dreamweaver
Tradución inglés: 
Dreamweaver
Tradución alemán: 
Dreamweaver