Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

sinal banzo

Sinal temporal con valor 0 antes de t=0 e valor 1 despois de t=0.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
sinal chanzo
Exemplo: 
Cando acendemos calquera dispositivo estamos a aplicar un sinal banzo a un circuíto xa que a tensión de alimentación subirá de cero a un valor non nulo, se a alimentación é de 5, non aplicamos u(t) senón 5*u(t).
Información complementaria: 
O valor do banzo en t=0 non está definido. Realmente nese punto existe unha descontinuidade e o valor concreto non ten importancia, o importante é o salto de 0 a 1. Se se ve un banzo real (un sinal nun circuíto electrónico), compróbase que é imposible pasar en tempo nulo de tensión 0 V a 1 V. En t=0 sempre haberá un valor intermedio pero, sen coñecer máis detalles do circuíto é impredicible. Nalgunhas aplicacións ten interese medir o "tempo de subida" da tensión xa que o sinal será máis perfecto canto menor sexa este intervalo. u(t) é a notación máis utilizada.
Ver tamén: 
función impulso
Traducions
Tradución portugués: 
função degrau
Tradución castelán: 
señal escalón
Tradución francés: 
fonction échelon
Tradución italiano: 
funzione a gradino
Tradución inglés: 
step signal; step function
Tradución alemán: 
Einheitssprungfunktion