Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

vixilancia perimetral

Vixilancia da zona exterior dun edificio ou vivenda coa misión de avisar de calquera intrusión antes de chegar á zona de protección.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
A zona debe estar suficientemente protexida por muros ou valos e iluminada pola noite sendo posible o movemento dentro dela. A súa planificación é sofisticada xa que hai que ter en conta as falsas alarmas debidas ás condicións meteorolóxicas e á entrada de animais. Os pricipais sistemas baséanse na construción de barreiras de infravermellos e sistemas de microondas difíciles de neutralizar. A instalación de cámaras de vixilancia e a electrificación do valo, con advertencia do perigo que supón tocalo, adoitan ser uns bos sistemas disuasorios.
Traducions
Tradución castelán: 
vigilancia perimetral
Tradución inglés: 
perimetrer surveillance