Linguaxe de programación orientada á implementación de sistemas operativos, concretamente Unix.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Información complementaria:
Foi creada en 1972 por Ken Thompson e Dennis M. Ritchie nos Laboratorios Bell como evolución da anterior linguaxe B, á súa vez baseada en BCPL.
Apreciado por xerar código eficiente, é a linguaxe de programación máis popular para crear software de sistemas, aínda que tamén é utilizada para crear aplicacións. Trátase dunha linguaxe debilmente tipificada de medio nivel pero con moitas características de baixo nivel. Os compiladores adoitan ofrecer extensións á linguaxe que posibilitan mesturar código en ensamblador con código C ao acceder directamente á memoria ou a dispositivos periféricos.