Dispositivo electrónico empregado en redes de computadoras para lograr a implementación a nivel físico da centralización da conectividade de equipos próximos.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
N/A
Abreviatura:
N/A
Exemplo:
O concentrador que acabo de instalar ten 8 portos RJ45.Información complementaria:
Traballa na capa OSI 1 (capa física), comportándose como un repetidor multiporto con detección de colisión.
Un concentrador está conectado a unha serie de equipos que dependen del. O seu traballo é retransmitir o que envía unha máquina a todas as demais. Con este funcionamento sinxelo conséguese emular o “modo promiscuo” das antigas redes que se conectaban en bus (cada equipo únese a un único cable troncal que se distribúe por todo o edificio) evitando as desvantaxes desta cablaxe (se o bus rompe nun punto a rede deixa de funcionar por completo). Utilizando un concentrador pódense romper enlaces e o resto de equipos segue en funcionamento.
A desvantaxe deste modo de traballo é que se xera moito tráfico innecesario (unha mensaxe de A a B chega a todos os demais). Por iso, os concentradores evolucionaron ata conmutadores que son capaces de discriminar cal é o receptor e enviar a mensaxe só polos enlaces adecuados.