Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

conectador de radiofrecuencia

Dispositivo deseñado para traballar en frecuencias de radio (a partir de 1 MHz) que permite conectar equipos de comunicacións ou instrumentación, empregado habitualmente en combinación con cables coaxiais e que consegue proporcionarlle ao sinal transportado a mesma blindaxe electromagnética ca estes, reducindo ao mínimo as perdas de potencia de sinal e as interferencias.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
conectador RF
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Na actualidade, véñense empregando de forma habitual no deseño dos circuítos impresos ou PCB, de xeito tal que o sinal chega ao conectador RF disposto no PCB e logo é transportado por liña de transmisión e non por cable, sendo o substrato en boa parte o responsable de garantir a blindaxe que o sinal precise. Este conectador debe minimizar o cambio na impedancia de liña da conexión cable-conectador e conectador-conectador, minimizando así o coeficiente de reflexión. Constan dun dieléctrico interior e dun plano de referencia, disposto a modo de carcasa metálica. Mecanicamente ofrecen unha vía rápida de conexión por distintos elementos, principalmente baseados nunha estrutura roscada, a cal debe ofrecer unha gran repetitibilidade na conexión coa súa parella, medida esta repetitibilidade na variación do valor de coeficiente de reflexión. Habitualmente atópanse modelos rematados en baño de ouro pois así ofrecen contactos eléctricos de baixa resistencia. O acabado e o material base definen a voltaxe máxima soportada por un conectador RF. Outras características de deseño, como o tamaño do condutor central ou vivo, definen a banda de frecuencias de traballo tamén chamada rexión libre de modos, medida en termos de perdas de retorno. A ampla variedade de conectadores RF existente pode clasificarse nos seguintes tipos: estándares (BNC, C, DIN, F, N, RCA, TNC, UHF), miniatura (BNC miniature, U.FL), subminiatura (SMA, SMB, SMC, FME, MCX, MMCX, 3.5, 2.4, 2.92, 1.0, 1.8), de precisión (APC-7), con flancos (EIA) e de conexión rápida ou quick-lock (QMA, QN, Snap).
Ver tamén: 
conectador BNC; conectador C; conectador musa; conectador coaxial tipo SMA; conectador coaxial tipo SMC
Traducions
Tradución castelán: 
conector de radiofrecuencia
Tradución francés: 
connecteur de radiofréquence
Tradución inglés: 
radiofrequency connector; RF connector
Tradución alemán: 
Koaxiale Steckverbinder für Hochfrequenzanwendungen