'Estándar de cifraxe de datos', algoritmo de cifraxe utilizado para poñer en clave os datos dixitais.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
DES
Información complementaria:
Estandarizado polo National Institute of Standards and Techonology coma o estándar civil en Estados Unidos en 1976. Atópase en desuso debido á lonxitude de clave relativamente curta (56 bits). O DES baséase en cifrar bloques de 64 bits que eran sometidos a moitos procesos de substitución e reordenación. Un método moi utilizado, en cambio, é o triplo DES que é unha variante do DES orixinal. Actualmente existe un novo estándar norteamericano chamado Advanced Encryption Standard.
Ver tamén:
cifraxe; estándar; estándar avanzado de encriptación