Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

interface IDE/ATA

Estándar de interconexión de discos coa placa nai utilizando un cable paralelo.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
En 1984 Western Dixital, por encargo de Compaq, crea unha controladora para discos duros, con interface integrada no propio disco, de aí o seu nome IDE (Integrated Drive Electronics). ATA é un conxunto de normas posteriores para crear estas interfaces de disco. O nome de ATA provén do IBM PC AT, que tiña como idea orixinal integrar a controladora no disco (AT Attatchment). ATA converteuse así nun estándar existindo, o ATA-1, ATA-2, ATA-3, ATA-4 ou Ultra DMA 33, ATA 5 ou Ultra DMA 66, ATA-6 ou Ultra DMA 100 e ATA 7 ou Ultra DMA 133. Todos estes estándares pertencen á mesma familia que son os Paralell ATA (ou PATA). Como característica principal pode destacarse o cable paralelo que conecta a unidade de disco coa placa. En contraposición xurdiron posteriormente os SATA (ou Serial ATA. Ver Interface SATA).
Ver tamén: 
interface SAS; interface SATA; interface SCSI
Traducions
Tradución portugués: 
interface IDE/ATA
Tradución castelán: 
interfaz IDE/ATA
Tradución francés: 
interface IDE/ATA
Tradución italiano: 
interfaccia IDE/ATA
Tradución inglés: 
IDE/ATA interface
Tradución alemán: 
IDE/ATA-Schnittstelle; IDE/ATA Schnittstelle