Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

encamiñador (01)

Sistema deseñado para interconectar redes de ordenadores e que realiza o traballo de recibir paquetes de datos de cada rede e decide por cal das outras redes conectadas se deben enviar para que cheguen ao seu destino final.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
N/A
Exemplo: 
Algunhas conexións de ADSL utilizan un encamiñador como equipo de usuario.
Información complementaria: 
Realmente, trátase de ordenadores de propósito específico con varias conexións de rede (tamén se poden implementar con ordenadores de propósito xeral e o programa adecuado). É máis coñecido polo termo inglés: router. A acción realizada polo encamiñador chámaselle encamiñar (to route en inglés). Os encamiñadores comunícanse entre si para avisarse dos cambios na topoloxía das redes (enlaces novos, enlaces caídos ...). A comunicación entre encamiñadores segue unhas normas chamadas protocolo de encamiñamento (routing protocol).
Ver tamén: 
nivel de rede; paquete
Traducions
Tradución portugués: 
roteador; encaminhador
Tradución castelán: 
encaminador; router (anglicismo)
Tradución francés: 
routeur
Tradución italiano: 
router; instradatore
Tradución inglés: 
router
Tradución alemán: 
router