Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

espectro espallado

Modulación que consiste en facer que o espectro, ou representación en frecuencia do sinal que se transmite, se espalle por unha banda moi ancha sen ter valores apreciables en ningunha frecuencia.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
espectro ensanchado
Información complementaria: 
No emisor debe usarse algunha función que faga o labor de esparexer o espectro. Esta función debe ser independente da mensaxe e tamén debe ser coñecida polo receptor. De feito, sen coñecer a función de espallamento non é posible nin sequera detectar a presenza do sinal. Ademais estes sinais son moi robustos fronte ás interferencias. Por todas estas características o espectro ensanchado foi desenvolvido nas comunicacións militares. Hoxe en día tamén se aplica no eido civil para compartir unha canle entre moitos usuarios. Cada par de usuarios pode comunicarse cunha función de espallamento diferente. Nestes casos úsase unha función común cun parámetro variable (o código). Esta técnica chámase acceso ao medio por CDMA.
Ver tamén: 
Acceso múltiple por división de código; modulación
Traducions
Tradución portugués: 
espalhamento espectral
Tradución castelán: 
espectro ensanchado; espectro esparcido; espectro disperso
Tradución francés: 
étalement de spectre
Tradución italiano: 
spread-spectrum; espansione di spettro
Tradución inglés: 
spread spectrum; SS
Tradución alemán: 
Frequenzspreizung