Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

falso chan

Chan que non se apoia sobre unha superficie maciza e que deixa un espazo baleiro para ser utilizado por instalacións de diversa índole.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo: 
A instalación de cable nesta planta irá polo falso chan: como a altura deste é duns 15 cm, será abondo para unha bandexa de 10 cm.
Información complementaria: 
Para instalacións de cable estruturado adóitanse empregar moito, xa que permiten tiradas de bandexas de chan polo oco dentro das cales irían os cables Ethernet.
Ver tamén: 
cablaxe horizontal; cablaxe vertical; cable FTP; cable STP; cable UTP; falso teito; patio de condutos; rede de cable; sistema de cablaxe estruturada
Traducions
Tradución portugués: 
piso elevado
Tradución italiano: 
pavimento sopraelevato; pavimento galleggiante
Tradución inglés: 
false floor; raised floor; raised flooring