Nun receptor heterodino, frecuencia de entrada distinta á desexada que produce un valor de frecuencia intermedia idéntico ao do sinal desexado causando unha interferencia na recepción.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
Se a portadora seleccionada e a súa frecuencia imaxe entran ao mesmo tempo no receptor, mestúranse coa frecuencia do oscilador local e producen frecuencias diferenza idénticas á de frecuencia intermedia obténdose dous grupos de información á saída.
A frecuencia imaxe corresponde á inxección lateral superior, o que se corresponde ao valor da frecuencia do oscilador máis o da frecuencia intermedia.