Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

hospedaxe

Servizo que consiste en ofrecer un espazo físico en disco nun servidor no cal se poden ubicar datos, xa sexa con acceso restrinxido (copia de seguridade, albergue de aplicacións privadas en liña, etc.) ou público (publicar unha páxina web, conservar documentos para descargar, etc.), que lles permite a persoas e empresas prestar ou utilizar contidos e servizos a través da rede desde un equipo que non é da súa propiedade.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
O meu provedor de Internet ofréceme tamén servizos de hospedaxe.
Información complementaria: 
Hai moitos tipos de hospedaxes, dos que o máis común é a hospedaxe web. Este é un servizo no que se aluga temporalmente un espazo na web cunhas determinadas características funcionais para colgar un sitio web. Do mesmo xeito que se fai cunha web tamén se podería facer cun servidor de correo electrónico ou con outro tipo de aplicacións.
Ver tamén: 
aloxamento
Traducions
Tradución portugués: 
alojamento virtual (PT); hospedagem de Sites (BR); hospedagem de sites (BR)
Tradución castelán: 
hospedaje
Tradución francés: 
hébergement
Tradución italiano: 
hosting
Tradución inglés: 
hosting