Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

impresora

Periférico informático que realiza a función de escribir en papel documentos (textos e/ou gráficos) almacenados en formato electrónico.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Sinónimos: 
N/A
Abreviatura: 
N/A
Exemplo: 
A impresora que acabo de mercar inclúe un servidor web para a súa configuración a través da rede.
Información complementaria: 
Unha impresora pode ser empregada conectada directamente a un equipo informático, a través dun cable (USB, paralelo, serie, etc.) ou a través dunha rede, ao dispoñer dunha interface de rede (cable ou sen fíos). As tecnoloxías de impresión máis coñecidas e empregadas son: - A inxección de tinta: na que se escribe utilizando un depósito de tinta líquida que é inxectada sobre o papel. - A impresión láser: procede das fotocopiadoras, utiliza tinta en pó que é colocada sobre o papel por medio de electricidade estática e despois é fixada mediante calor. En ambos os dous casos as impresións en cor fanse mesturando tinta das cores primarias das artes gráficas: marelo, ciano e maxenta.
Ver tamén: 
ordenador
Traducions
Tradución portugués: 
impressora
Tradución castelán: 
impresora
Tradución francés: 
imprimante
Tradución italiano: 
stampante
Tradución inglés: 
printer
Tradución alemán: 
Drucker