Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

bloque de baixo ruído

Dispositivo asociado á utilización das antenas parabólicas que inclúe amplificación e conversión de frecuencias, sendo a banda de frecuencias de saída a denominada frecuencia intermedia, e podendo estar nalgúns casos asociado ao elemento que selecciona a polaridade da onda recibida.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
conversor de baixo ruído
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
O convertedor ou bloque de baixo ruído consiste nunha etapa amplificadora vertical e noutra horizontal por recibir un sinal con polarización circular. Esta etapa vai seguida dun mesturador e o sinal do oscilador local xérao un resoador dieléctrico DRO operando na banda 9,75 a 10,60 GHz. A súa ganancia total é aproximadamente 60 dB cunha figura de ruído de menos de 1 dB, sendo precisa a súa alimentación con 13 Vdc para sintonizar a polarización vertical e 17 Vdc para a horizontal. O sinal de frecuencia intermedio ou IF presenta un ancho de banda de 27 MHz.
Ver tamén: 
instalación de canle satélite
Traducions
Tradución portugués: 
conversor de baixo ruído
Tradución castelán: 
bloque de bajo ruido
Tradución francés: 
convertisseur à faible bruit
Tradución italiano: 
convertitore
Tradución inglés: 
low noise block; LNB; low noise converter; LNC
Tradución alemán: 
rauscharmer Signal-Gruppenumsetzer