Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

material absorbente

Material ou sistema cun alto coeficiente de absorción en todo ou en parte do espectro de frecuencias.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo: 
n/
Información complementaria: 
Existen tres subtipos destes materiais, que son porosos, resoadores e anecoicos. Os materiais porosos están constituídos por un medio sólido (esqueleto) percorrido por cavidades máis ou menos tortuosas (poros) comunicadas co exterior, e neles a degradación da enerxía incidente prodúcese por fricción no seo das cavidades. Os resoadores producen a absorción da enerxía incidente mediante un proceso de resonancia. Os anecoicos, tamén chamados de absorción con variación progresiva das características físicas, fan uso da atenuación da reflexión dunha onda cando esta atopa unha variación das características físicas do medio no que se propaga mediante a variación gradual destas características, para reducir ao mínimo o obstáculo que presenta o material. A forma xeométrica máis habitual destes absorbentes é a piramidal. A súa composición xira ao redor da deposición de carbono. Estes absorbentes logran coeficientes de absorción cunha incidencia normal superiores ao 99%, a partir dunha determinada frecuencia chamada de corte. A súa utilización é específica en cámaras anecoicas.
Ver tamén: 
cámara anecoica
Traducions
Tradución portugués: 
material absorvente
Tradución castelán: 
material absorbente
Tradución francés: 
matériel absorbant
Tradución italiano: 
materiale assorbente
Tradución inglés: 
absorbing material