Máquina electromecánica de tamaño microscópico, da orde de micras.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
MEMS
Información complementaria:
Debido ao seu tamaño, os efectos electrostáticos ou outros efectos de superficie (viscosidade, tensión superificial) poden ser máis importantes que na mecánica clásica. Polo tanto, o deseño de MEMS é unha técnica moi complexa. A fabricación destes é posible aplicando as ténicas de construción de circuítos integrados. Grazas aos MEMS é posible crear sistemas mecánicos de precisión en moi pouco espazo. Son baseados en MEMS os acelerómetros que disparan os airbags, os sistemas lúdicos como a Wii, algúns sistemas empregados en impresoras de inxección de tinta para depositar a tinta sobre o papel e os conmutadores de fibra óptica.