Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

inmótica

Utilización de sistemas de xestión automatizados das instalacións coas que se encontran equipadas as edificacións así como a súa capacidade de comunicación, regulación e control, co obxectivo de reducir o consumo de enerxía, aumentar o confort e a seguridade das mesmas

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Sinónimos: 
sistemas domóticos
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
Inmótica é un termo de orixe francesa.
Información complementaria: 
Mentres o termo domótica se aplica ao fogar, por inmótica enténdese a incorporación da xestión técnica automatizada ás instalacións do sector terciario, como son as plantas industriais, hoteis, hospitais, aeroportos, edificios de oficinas, parques tecnolóxicos, grandes superficies, universidades, instalacións comunitarias en edificios de vivendas, etc. En realidade os sistemas e as aplicacións inmóticas son moi semellantes aos da domótica e por iso, emprégase a miúdo o termo 'sistemas domóticos' referidos tamén a este sector.
Traducions
Tradución castelán: 
inmótica
Tradución francés: 
gestión technique de bâtiment
Tradución inglés: 
inmotics; building management system