Soporte hardware e software que se emprega como ferramenta que permite a captura e análise das tramas nunha rede de voz ou datos, discernindo entre os diferentes protocolos de rede, co obxectivo de estudar o tráfico e as tramas de sinalización asociadas, principalmente con fin de analizar fallos, descubrir problemas de rede e detectar intrusos.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
cheirón (pop.); programa rastreador; programa rastrexador; rastrexador; packet sniffer; analizador de protocolos
Exemplo:
Unha das ferramentas máis empregadas como analizador de protocolos, debido á súa gratuidade, é o Wireshark.
Información complementaria:
A análise pódese realizar en tempo real ou despois de almacenar os datos. Esta ferramenta é moi empregada polos enxeñeiros de aplicacións ou responsables de interconexións, xa que permite descubrir erros na agrupación dos datos que se envían e se reciben que serían moi difíciles de descubrir doutro xeito.
Ver tamén:
paquete; programa; protocolo; soporte físico