'Protocolo de control de transmisión', protocolo de Internet deseñado para proporcionar comunicacións seguras na capa 4 da arquitectura TCP/IP.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
TCP
Exemplo:
TCP é o protocolo de capa 4 máis utilizado na actualidade. Información complementaria:
Por ser un protocolo de capa 4, TCP supervisa o intercambio de datos que fan outros protocolos detectando e corrixindo erros tales como: mensaxes incorrectas, mensaxes perdidas, mensaxes repetidas...
TCP é un protocolo orientado á conexión, iso significa que os dous interlocutores deben pasar por unha fase de establecemento de conexión e a dita conexión permanecerá aberta ata que termine o intercambio de datos.
Ver tamén:
Internet Protocol; Transmission Control Protocol/Internet Protocol; User Datagram Protocol