Cantidade de bits utilizados na codificación por unidade de tempo de audio ou vídeo, que pode ser constante ou variable e que indica a calidade da información incluída.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
A pesar de que "rate" en inglés significa "taxa", "ratio", "relación" ou "velocidade", semella lexítimo falar de "densidade" debido a que a estrutura variable dos bits é independente de se transmite ou non os datos contidos neles. Non debe confundirse co "fluxo de bits", que é a velocidade de transferencia de datos. No que respecta aos reprodutores, o fluxo de bits é igual á densidade de bits se a información está codificada cunha densidade de bits constante. Como esta, mídese en bits por segundo (bit/s ou bps), pero na densidade estes segundos refírense aos de audio ou vídeo.
Ver tamén:
cadea de bits; densidade de bits constante; densidade de bits variable; velocidade de transferencia