Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

cámara web (02)

Pequena cámara dixital conectada a unha computadora que pode capturar imaxes e transmitilas a través de Internet en directo a unha páxina web ou a outras computadoras de forma privada.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
webcam
Información complementaria: 
As cámaras web necesitan unha computadora para transmitir as imaxes. Non obstante existen outras cámaras autónomas que tan só necesitan un punto de acceso á rede informática, ben sexa ethernet ou sen fíos, denominadas net cam ou cámaras de rede. Son moi utilizadas na mensaxería instantánea e nos servizos de conversa electrónica. Polo xeral transmite imaxes en vivo, pero tamén pode capturar imaxes ou pequenos vídeos que son gravados e transmitidos por Internet. Este dispositivo clasifícase como de entrada xa que por medio del emítense imaxes cara á computadora.
Traducions
Tradución portugués: 
webcam
Tradución castelán: 
cámara web; web cam
Tradución francés: 
webcam; cybercaméra
Tradución italiano: 
webcam
Tradución inglés: 
webcam
Tradución alemán: 
Webcam