'Estándar recomendado-232', estándar de comunicación en serie asíncrona que especifica as características eléctricas para os sinais, as conexións e as funcións de cada un dos pins.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
EIA-232
Abreviatura:
RS-232
Información complementaria:
É un estándar moi popular, non obstante non especifica as codificacións da información, os protocolos de detección de erros nin as taxas de transmisión.
Este protocolo foi utilizado nos computadores de sobremesa principalmente para a conexión con periféricos (módem, rato, etc.), pero o seu uso decaeu en favor de estándares como o USB. Continúase utilizando extensamente en sistemas integrados.
Ver tamén:
Universal Serial Bus