Compoñente electrónico caracterizado por poder almacenar información dixital durante un intervalo de tempo.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
dispositivo de almacenamento
Abreviatura:
NA
Exemplo:
A memoria do meu ordenador está avariada debido a un problema co subministro eléctrico.Información complementaria:
Podemos atopar moitas formas de memoria:
- Memorias magnéticas: como os discos duros, disquettes, cintas, etc.- Memorias electrónicas: que son circuítos integrados. Poden ser permanentes, ou de só lectura (ROM), re-escribibles (flash) e volátiles (RAM).
A memoria mídese normalmente en bytes (conxuntos de 8 bits... ás veces chamados palabras). Os múltiplos son o Kilobyte (1024=2^10 bytes), Megabyte = 1024 Kilobytes, Xigabyte = 1024 Megabytes e Terabyte = 1024 Xigabyte.
Ver tamén:
disco duro; Flash; memoria de acceso aleatorio; memoria de só lectura