Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

algoritmo de Lempel, Ziv e Welch

Algoritmo de compresión de datos sen perdas, que se encadra dentro dos métodos xerais xa que funciona con calquera tipo de información e sen perdas porque a información é recuperada sen erros e cunha taxa de compresión variable.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura: 
LZW
Información complementaria: 
O método baséase en recorrer o texto xerando un dicionario de secuencias repetidas. O dicionario créase e utilízase na mesma pasada e non é necesario incluílo no arquivo comprimido xa que vai ser reconstruído polo descompresor. Ademais é un dicionario variable, de xeito que se unha cadea deixa de ser importante en parte do texto vai desaparecer en favor doutra nova. Algunhas variacións deste método son as que se usan nos compresores de datos máis populares: WinZip, Winrar, etc.
Traducions
Tradución portugués: 
LZW
Tradución castelán: 
Algoritmo de Lempel, Ziv y Welch; LZW
Tradución francés: 
Lempel-Ziv-Welch; LZW
Tradución italiano: 
Lempel-Ziv-Welch; LZW
Tradución inglés: 
Lempel-Ziv-Welch; LZW
Tradución alemán: 
Lempel-Ziv-Welch-Algorithmus; LZW-Algorithmus; LZW