Conxunto de emisor e receptor nun mesmo equipo.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Un teléfono móbil sería un exemplo de transceptor. Información complementaria:
O seu nome en inglés vén de unir dúas palabras: transmitter (emisor) e receiver (receptor). O termo foi castelanizado na práctica e agora tamén se usa en galego.
No ámbito das redes de ordenadores adoita chamárselles transceptores aos dispositivos utilizados para unir equipos que admiten un tipo de cablaxe a unha rede doutro tipo. Dependendo do tipo de dispositivo pode ser realmente un transceptor (capaz de enviar e recibir) ou un simple adaptador eléctrico.