Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

cohesión

Grao de unión dun módulo.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Información complementaria: 
Existen seis medidas de cohesión que van desde a máis débil ata a máis forte: - Casual. Os elementos do módulo manteñen vínculos moi superficiais; por exemplo, seren programados no mesmo mes. - Lóxica. Os elementos do módulo están relacionados desde o punto de vista do sistema completo pero non en termos reais de software; por exemplo, todos os xestores do dispositivo de saída. - Temporal. Os elementos do módulo execútanse en momentos similares; por exemplo, as rutinas de arranque. - Procesual. Os elementos do módulo empréganse na mesma sección do programa; por exemplo os compoñentes da interface de usuario. - De comunicación. Os elementos do módulo operan sobre a mesma estrutura de datos. - Funcional. Os elementos do módulo operan conxuntamente para contribuír á execución dunha única función do sistema; por exemplo, proporcionar un sistema de arquivos distribuídos.
Ver tamén: 
encapsulamento; acoplamento
Traducions
Tradución castelán: 
cohesión
Tradución inglés: 
cohesion