Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

banda cidadá

Porción do espectro electromagnético centrada nos 27 MHz destinada á libre comunicación persoal no ámbito civil, habitualmente referida polas súas siglas en inglés, CB, pola súa frecuencia, banda de 27 MHz, ou pola súa lonxitude de onda, 11 metros.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
A asignación exacta de frecuencia varía cos países. En España está siuada no intervalo 26,965–27,405 MHz, consta de 40 canles e unha potencia máxima de emisión de 4 W. Aínda que está exenta de exames ou cualificación demostrable, en España segue considerándose de uso con licenza. O servizo radio cidadá non debe confundirse con outros servizos radio libres como o de radioafeccionados ou ham-radio. Nos Estados Unidos de América, país de orixe do CB no 1945, este servizo de radio está regulado pola Federal Communications Commission (FCC).
Ver tamén: 
banda de frecuencia; espectro electromagnético
Traducions
Tradución castelán: 
banda ciudadana
Tradución francés: 
citizen band
Tradución inglés: 
citizens' band; CB