Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

banda de frecuencia moi alta

Porción do espectro electromagnético comprendida no intervalo 30-300 MHz empregada para servizos de radiodifusión de sinais de radio e televisión comerciais.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
banda VHF
Abreviatura: 
VHF
Exemplo: 
Hai canles de TV que emiten en VHF.
Información complementaria: 
Do inglés "Very High Frequency", "frecuencia moi alta". As características propias desta ventá espectral, exenta de reflexión ionosférica, fan dela a ideal para a transmisión terrestre en curtas distancias ou de curto alcance. Aínda que baixo certas condicións, o alcance pode superar a liña de vista do enlace. Este rango de frecuencia utilízase para servizos tan usuais como a radiodifusión FM e a emisión de TV.
Ver tamén: 
banda de alta frecuencia; banda de baixa frecuencia; banda de frecuencia; banda de frecuencia media; banda de frecuencia ultra alta; espectro electromagnético; radiofrecuencia
Traducions
Tradución portugués: 
VHF; Very High Frequency; Frequência Muito Alta
Tradución castelán: 
VHF; Very High Frequency; banda VHF
Tradución francés: 
VHF; très haute fréquence; bande VHF
Tradución italiano: 
VHF; Very High Frequency
Tradución inglés: 
VHF; Very High Frequency; VHF band
Tradución alemán: 
VHF; Ultrakurzwellenbereich; UKW