'Táboa de asignación de arquivos de 32 bits', sistema de almacenamento nun disco duro utilizado nos ordenadores polos sistemas operativos desde Windows 95 en adiante.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
FAT32
Información complementaria:
FAT32 é unha mellora de FAT ou FAT16, sistemas de arquivos utilizado por DOS, Windows 3.x e as primeiras versións de Windows 95. Unha das vantaxes fronte ao sistema NTFS é que apenas ocupa espazo no disco, polo que é o sistema ideal para discos duros menores de 50 GB. Como desvantaxe, cabe mencionar que presenta unha maior fragmentación có sistema NTFS, polo que a desfragmentación do disco pode levar varias horas dependendo do seu estado.
Ver tamén:
desfragmentación; disco duro; New Technology File Sistem; sistema de arquivos