Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

politón

Sinal de alerta musical creado co fin de ser reproducido nos teléfonos cando estes reciben unha chamada ou unha mensaxe de texto substituíndo ao ton de alerta básico.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Información complementaria: 
Son melodías simples, formadas por combinacións de frecuencias acústicas non demasiado complexas. Debido a isto, poden ser almacenadas nun formato dixital de audio sinxelo chamado MIDI e reproducidos a través dunha ou máis canles do sintetizador do celular, aínda que se trate dun teléfono móbil sinxelo.
Antónimos: 
monotón
Ver tamén: 
frecuencia; interface dixital de instrumentos musicais; móbil
Traducions
Tradución portugués: 
toques polifônicos (PT); Ringtone Polifônico (BR)
Tradución castelán: 
politono; timbre polifónico
Tradución francés: 
sonnerie polyphonique
Tradución italiano: 
politono; suoneria polifonica
Tradución inglés: 
polyphonic ring tone