Programa que permite crear un marco de traballo para a creación e administración de contidos por parte do usuario, principalmente en páxinas web, sen necesidade de ter coñecementos de programación.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo:
Estou estudando as posibilidades dos distintos sistemas de xestión de contidos para especializármonos na creación de webs sinxelas.Información complementaria:
Consiste nunha interface que controla unha ou varias bases de datos onde se aloxa o contido do sitio, incluindo todo o relacionado coa instalación e a administración, que se fan de xeito simple a través dun navegador . O sistema permite manexar de maneira independente o contido e o deseño. Así, é posible manexar o contido e darlle en calquera momento un deseño distinto ao sitio sen ter que darlle formato ao contido de novo, ademais de permitir a fácil e controlada publicación no sitio a varios editores. Un exemplo clásico é o de editores que cargan o contido ao sistema e outro de nivel superior que permite que estes contidos sexan visibles a todo o público.
Algúns exemplos de CMS son Joomla e Drupal.
Ver tamén:
marco de traballo